Anxo Rodríguez: "Queremos facer historia"
O partido de ida resultou un empate 0-0. Todo se decide en Balaídos.
O equipo mantén a ambición, pero tamén a prudencia de que nada está conseguido
Anxo Rodríguez, xogador do Celta Fortuna, falou na previa do partido de volta da final do playoff ante a Ponferradina. Mostrou a confianza e a ilusión do grupo e destacou todo traballo acumulado durante toda a tempada. Ademáis engade que nunca tiveron unha presión extra por ascender:
"Levamos toda a tempada loitando para poder chegar aquí. Imos dalo todo e chegar ata o final".
"Presión ningunha. Somos un filial e chegamos ata aquí. Queremos facer historia".
O defensa de 19 anos recoñece que o marcador é favorable, pero avisa que a eliminitoria todavía non está pechada e deberán dar o máximo.
"É un bo resultado, pero non temos nada feito. A Ponferradina é un grande equipo e non nos van regalar nada".
"Temos licenza para soñar. Sen pensar que estamos xa en Segunda".
O equipo non dá crédito coa forza que lles transmite Balaídos. Subliñan a importancia do factor campo e conta con eles para pasar a eliminatoria.
"Animalada ter este apoio da xente, como se volca con nós. Ao final somos un filial e sentimos que somos un primeiro equipo case".
"O apoio da xente vai ser o noso xogador número 12".
Anxo, a nivel persoal, non quere pensar moito no futuro no primeiro equipo, aínda que este ascenso podería conlevar unha oportunidade.
"Se ascendemos achéganos a todos un pouco máis ao primeiro equipo, pero agora non penso canto de preto ou lonxe estou".