Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán anuncia a fichaxe do norteamericano Tevin Brown

O Breogán anuncia a fichaxe do norteamericano Tevin Brown

O norteamericano chega para ser a gran ameaza exterior do conxunto lucense

Gran temporada pasada na bundesliga co Rasta Vechta onde chegou a anotar 46 puntos ante o Hamburgo

@cbbreogan @cbbreogan
G24.gal 15/06/2026 21:28

Tevin Brown xa é novo xogador do Breogán. O norteamericano formouse na Universidade de Murray State (Kentucky). Tras completar o seu periplo universitario de catro anos, disputou la Liga de Verán da NBA cos Indiana Pacers en 2022 e asinou cos Fort Wayne Mad Ants da NBA G League. 

A pasada tempada defendeu a camiseta do Rasta Vechta da primeira división alemá, onde destacou con 16,1 puntos, 4,4 rebotes e 1,7 asistencias por encontro, asinando ademais un notable 40,8% de acerto en triplas e anotando de media máis de tres por partido. Estes grandes números incrementáronse nos cinco partidos de playoff contra o Alba Berlín, nos que fixo unha media de 17,8 puntos, 4,8 rebotes e 2,2 asistencias. Co seu equipo disputou ademais a FIBA Europe Cup, cunhas medias de 13,5 puntos e 4 rebotes cun 46,2% en triplas.

O breogán definíao ao seu novo xogador no comunicado onde anunciaba a súa fichaxe:

"Tevin Brown é un xogador cun gran talento ofensivo que pode ocupar as posicións de escolta e ala. Moi rápido na transición e no lanzamento a canastra, é un xogador intenso en ataque e defensa que axuda no rebote, ademais de contar cunha contrastada capacidade anotadora"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade