Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oficial: Marc Cucurella ficha polo Real Madrid

Oficial: Marc Cucurella ficha polo Real Madrid

O lateral español chega por 55 millóns máis variables e firma por seis tempadas 

Primeira incorporación oficial do Real Madrid de José Mourinho 

G24.gal 15/06/2026 13:47

O Real Madrid confirmou a contratación do lateral internacional español Marc Cucurella, quén procede do Chelsea, cun contrato válido ata 2032 por unha cifra próxima aos 60 millóns (55 máis variables). 

O xogador de 27 anos regresa á Liga española tras pasar por unha etapa de cinco anos na Premier League: unha campaña no Brighton e cinco no Chelsea, onde se consolidou como un dos mellores da súa posición en Europa. Na Liga estivo presente en equipos como Barcelona, Éibar e Xetafe. 

É o primeiro futbolista que se incorpora de maneira oficial ao novo Real Madrid de José Mourinho e do renovado presidente Florentino Pérez. Esta fichaxe únese ás xa sabidas chegadas, pero non oficiais, de Bernardo Silva, Konaté e Dumfries

O catalán, actualmente concentrado coa selección española, convértese no segundo defensa da historia que maís diñeiro xerou en trapasos ao longo da súa carreira con 156,1 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade