Publicador de contidos

Publicador de contidos

6 medallas para Galicia no Europeo de piragüismo

6 medallas para Galicia no Europeo de piragüismo

Galicia sumou 2 ouros e 4 pratas e varias presenzas en finais A e B para ser os mellores do continente. 

Carlos Arévalo proclamouse Campión de Europa en K1 200 metros masculino

G24.gal 15/06/2026 09:18

O piragüismo galego foi protagonista no Campionato de Europa de Sprint e Paracanoe que foi celebrado en Montemor-o-Velho (Portugal).  Os deportistas galegos contribuíron ao éxito da selección española. 

O gran nome foi o de Carlos Arévalo que se proclamou campion de Europa. O palista de Betanzos consagrouse como o máis rápido do continente logrando a medalla de ouro na modalidade K1 200 metros masculino, impoñendose na final o luso Messias Baptista por apenas 75 milésimas de segundo. Trátase do seu primeiro título europeo en Portugal. 

Ao ouro individual sumóuselle unha medalla de prata obtida na categoría K4 500 metros masculino, nunha embarcación española formada por Adrián del Río, Marcus Cooper e os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade.  A final estivo marcada pola igualdade entre España e Alemaña polo segundo posto. 

Outra medalla de oro chegou no C4 mixto 500 metros, onde España contaba con gran protagonismo galego. A palista pontevedresa, Antía Jácome, o palista arousán, Manuel Fontán, e o palista pontevedrés, Diego Domíguez compartiron embarcación con Viktoria Yarchevska para impoñerse nunha final moi disputada e subir ó maís alto do podio. 

Precisamente, a parella masculina tamén logrou unha medalla de prata para o piragüismo galego no C2 500 metros. Diego Domínguez e Manuel Fontán foron segundos nunha final de moito nivel na que pelexaron a vitoria durante toda a regata e acabaron a medio segundo dos campións europeos. 

Otra das medallas de prata con selo galego chegou da man de Pablo Graña. O canoísta de Cangas foi segundo na final de C1 200 metros masculino, quedándose a só 75 milésimas do ouro nunha distancia na que continúa demostrando a súa regularidade. 

O paracanoe deixou unha medalla con protagonismo galego. Na proba de K2 mixto 200 metros, a canguesa de 57 anos, Araceli Menduiña xunto con Juan Valle conquistaron a medalla de prata tras finalizar a só 30 milésimas da embarcación vencedora. 

Con estes resultados, Galicia reafirmou o seu papel como unha das grandes potencias do piraguismo europeo, sendo una parte fundamental dos éxitos da selección española. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade