O Leyma Coruña foi recibido en Santiago tras o histórico ascenso á Liga ACB
Foron recibidos no Pazo de Raxoi polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda
Tras o histórico día do ascenso contra Estudiantes nunha noite inesquecible, no día de hoxe o conxunto do Leyma Coruña foi recibido na plaza do Obradoiro da catedral galega onde os esperaban tanto o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como o Conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. Tamén estivo presente o presidente de la Federación Galega de Baloncesto, Julio Bermúdez.
Alí realizouse un acto para conmemorar o ascenso, onde falaron as distintas autoridades tanto autonómicas como do club, e entregaron camisetas do club e realizaron fotos.
Carles Marco para os micrófonos destacou o enorme esforzo do equipo a tamén deu as gracias a afección por crear ese vínuclo con eles, necesario para confirmar o ascenso.
"Cambiamos de categoría con merecemento e conseguimos enganchar a xente".
Agora que xa rematou a tempada co Leyma ascendido, é momento para celebrar e descansar antes de preparar e estruturar o equipo de cara a seguinte campaña xa na primeira división do baloncesto.