Cargando resultados...
O Magical faise co triunfo absoluto no Trofeo Conde de Gondomar
Terceiro trofeo para o armador Julio Rodríguez
Na clase ORC Extra venceu o Fend La Bise de Jean CLaude Sarrade
Unus, O Fisgón e Solventis foron tamén os gañadores das súas clases
Foto: Lalo R. Villar
G24.gal
26/07/2026 20:21
Finalizou a edición número 51 do Trofeo Conde de Gondomar. O Magical de César Torné foi o vencedor na categoría absoluta. Impúxose nas tres probas disputadas, alzándose coa subida ao Carrumeiro Chico, e coa xeral do trofeo. É a terceira vez que o armador Julio Rodríguez se fai con el.
Tamén se proclamou gañador no Carrumeiro, e campión do Trofeo en ORC extra todo un veterano como Jean CLaude Sarrade co seu Fend la Bise.
No resto das clases, a vitoria final foi para o Unus, O Fisgón e o Solventis Ribadeo.