Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Volta a Ons decide hoxe o Conde de Gondomar, co Magical e o Fend La Bise como líderes en ORC

A Volta a Ons decide hoxe o Conde de Gondomar, co Magical e o Fend La Bise como líderes en ORC

Os dous barcos extenderon onte o seu dominio do venres na subida ao Carrumeiro Chico

Unus, Fisgón e Solventis son os líderes nas outras categorías

G24.gal 26/07/2026 11:09

Hoxe remata o Trofeo Conde de Gondomar coa volta a Ons, unha regata costeira de 30 millas de percorrido que volverá poñer a proba a capacidade estratéxica das tripulacións.

O Magical de César Torné comeza a xornada no liderado da clase ORC mentras que o Fend la Bise de Jean Claude Sarrade manda na ORC Extra. Eses dous barcos acadaron xa o Trofeo Carrumeiro Chico.

O terceiro trofeo en disputa, o Erizana tamén se vai resolver nesta derradeira tirada. O Unus, o Fisgón e o Solventis comezan no primeiro posto nas súas respectivas categorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade