Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Nortemar Peperetes, gañador ORC do Príncipe de Asturias

O Nortemar Peperetes, gañador ORC do Príncipe de Asturias

O vento permitiu navegar a todas as clases na última xornada programada

Foto: MRCYB
G24.gal 06/09/2026 21:02

Finalizou o Trofeo Príncipe de Asturias de vela nunha xornada final na que o vento permitiu completar as probas en todas as categorías.

Triunfo para o Nortemar Peperetes de José Manuel Millán na xeral de ORC tras asinar dúas vitorias na súa clase ORC 3. Triunfos, neste único día en que a súa clase puido navegar, que lle serviron para rematar como gañador global. Mirfak, Orión, Boeiro Uno, Camping Ría de Arosa e Too Match proclamáronse vencedores das súas categorías.

Marías-Casas do Telhado impúxose en J80 e o Silleiro de Sofía Toro revalidou a súa vitoria na Gestilar Ladies Cup.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade