Cargando resultados...
O Trofeo Príncipe de Asturias, dificultado pola ausencia de vento en Baiona
Gaifar IV, Silleiro, Boeiro Un, Salseiro C e Salpoente lideran as súas categorías cunha única quenda disputada
Mañá remata a regata nas augas de Baiona
G24.gal
05/09/2026 19:40
O vento, ou a ausencia do mesmo, segue a ser o protagonista do Trofeo Príncipe de Asturias. Logo da suspensión da primeira xornada de regatas, das oito clases nas que se dividen os mais de 80 equipos participantes, só cinco delas puideron completar unha manga.
O Gaifar IV de Pablo e Yago Osuna é o líder provisional na clasificación dos J80. O Silleiro de Sofía Toro, o Boeiro Un, O Salseiro C e o Salpoente mandan nas outras categorías.
A competición remata mañá domingo en augas de Baiona.