Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arousa gaña o derbi co Pontevedra e avanza na Copa do Rei (2-0)

O Arousa gaña o derbi co Pontevedra e avanza na Copa do Rei (2-0)

O equipo de Segunda RFEF gaña ao Pontevedra e pasa de rolda na Copa

Marcaron Marcos Remeseiro e Gabri Palmás na segunda metade

G24.gal 27/10/2026 22:35

O Pontevedra soñaba con repetir a xesta das temporadas anteriores na Copa do Rei, e con esa actitude chegaba hoxe a Vilagarcía. Pero na Lomba atopouse a un Arousa con moita personalidade, como xa advertira o seu adestrador, Gonza Fernández.

Logo dunha primeira metade moi igualada, o Arousa soubo levar o partido ao seu terreo e fixo valer o factor campo. Marcos Remeseiro facía o primeiro no minuto 55 e Gabri Palmas, que levaba dous minutos do terreo de xogo, marcou o segundo no 66.

Tivo no tempo engadido o Pontevedra opcións para tratar de pillar aos locais. Marcou Papa no 92 un gol que foi anulado. Final na Lomba, vitoria para un Arousa que agarda poder xogar ante un equipo profesional na segunda rolda da Copa do Rei. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos