Caleb Agada reforza o perímetro do Monbus Obradoiro
Disputou a tempada pasada co iLerna Lleida
Promediou 7,8 puntos, 2,7 rebotes e 2 asistencias en ACB
EuropaPress
O Monbus Obradoiro asina un novo xogador de perímetro. Caleb Agada formará parte do equipo para a tempada 2026/27. É un escolta que pode xogar tamén na posición de base. Naceu en Canadá pero ten pasaporte nixeriano, polo que non conta como extracomunitario.
A campaña pasada xogou no iLerna Lleida. Alí tivo uns promedios de 7,8 puntos, 2,7 rebotes e 2 asitencias ao longo dos 34 partidos da Liga Endesa. O seu curso cos ilerdenses foi irregular. Ten moi boas capacidades en defensa e é un bo penetrador. A parte negativa e que non ten un gran tiro exterior (27,3% en T3).
É a segunda incorporación do equipo compostelán despois de Leo Meindl, que chega dende o Burgos. A terceira fichaxe será Alonso Faure, que fixo unha moi boa campaña co Oviedo en 1ª FEB e completará os catro cupos necesarios para xogar ACB.
Ademais, o Obradoiro confirmou que formará parte da Liga U22, torneo que se creou para fomentar o desenvolvemento dos xogadores xóvenes e de canteira de España. Será o único equipo galego que a dispute.