Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pogacar conságrase co seu quinto Tour nos Campos Elíseos, con triunfo final de Van der Poel

Pogacar conságrase co seu quinto Tour nos Campos Elíseos, con triunfo final de Van der Poel

A subida a Montmartre converteu a última etapa nunha clásica, cos dous protagonistas fuxidos

Evenepoel e Del Toro completaron o podio, con Carapaz gañador da montaña

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 26/07/2026 19:58

Tadej Pogacar alzouse co seu quinto Tour de Francia este domingo en París, entrando na lenda da carreira xunto aos outros gañadores de cinco roldas: Anquetil, Mercks, Hinault e Miguel Indurain.

Pero foi nunha tirada final nos Campos Eliseos que distou moito de ser o habitual paseo triunfal: a organización incluíu no circuíto final a subida a Montmarte, como xa acontecera nos Xogos Olímpicos. E nas sucesivas subidas axitouse a carreira como acontece nas clásicas. Na última marcharon xuntos Van Der Poel e Pogacar, que abriron unha pequena fenda mentres os equipos dos sprinters loitaban por pechala. 

E así se presentaron na chegada, onde Van Der Poel cortou a Pogacar, que loitaba polo seu sexto triunfo parcial, e acabou gañando sobre a mesma liña aos velocistas.

Remata así unha rolda francesa espectacular: Pogacar faise coa súa quinta vitoria xeral, e con cinco etapas. O seu compañeiro Del Toro rematou de terceiro e co maillot branco, mentres Evenepoel foi o segundo.

Richard Carapaz foi o auténtico animador da proba, gañador da combatividade, do maillot da montaña, e tamén de dúas etapas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade