Óscar Pereiro, 20 anos dun Tour inesquecible
Gañouno tras quedar segundo e que descualificaran a Floyd Landis por dopaxe
"Creo que na historia non vai haber un Tour coma este", recorda o mosense na TVG
Este xullo de 2026 fai 20 anos da vitoria do Tour de Francia de Óscar Pereiro. O mosense gañou a gran volta francesa en 2006.
Na xeral desa edición quedou segundo, mais a sanción por dopaxe de Landis permitiulle facerse co maillot amarelo. Ese Tour comezou de forma convulsa, xa que foi o momento en que apareceu a operación Puerto.
Pereiro viuno como a "oportunidade da súa vida", xa que varios corredores dos que adoitaban quedar por diante del quedaron fóra da proba por este caso. Como puntos clave na proba atopamos dous: o momento en que pensou en deixalo tras perder case 30 minutos na subida ao Tourmalet e o final desa etapa en Pla de Beret.
Pechou a rolda cos seus amigos de toda a vida animándoo, o que lle deu forzas para seguir e dicirlle ao equipo no autobus: "Mañá vou rebentar esta p*** carreira".
Pereiro logrou finalmente unha das grandes xestas do deporte galego, e consagrouse como un dos 7 españois gañadores do Tour de Francia.