Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Tour queda visto para sentenza co dobrete de UAE no podio e exhibición de Carapaz

O Tour queda visto para sentenza co dobrete de UAE no podio e exhibición de Carapaz

Xa co quinto triunfo no peto, Pogacar axudou a Del Toro a rematar de terceiro

Richard Carapaz asegurou o triunfo na montaña e gañou a súa segunda etapa 

O ecuatoriano superou a Sepp Kuss, que caeu dúas veces no último descenso

G24.gal 26/07/2026 11:01

Hoxe péchase esta edición do Tour de Francia logo dunha vixéxima etapa na que o mexicano Isaac del Toro asegurou o seu terceiro posto na xeral. 

A etapa, que por segundo día acababa no Alpe d'Huez, foi para o ecuatoriano Richard Carapaz que protagonizou unha longa escapada para entrar en solitario e confirmar o maillot da montaña. É a súa segunda vitoria neste Tour. Para conseguilo, Carapaz non cedeu diante dun Sepp Kuus que marchou na penúltima ascensión, pero no descenso que conectava coa mítica meta, sufriu dúas caídas que lle impediron acadar a vitoria.

Pogacar perdeu uns segundos con Evenepoel. Foi cuarto na meta e o seu apoio foi clave para que Del Toro asegurara o terceiro posto ó distanciarse de Paul Seixas. O español Juan Ayuso será sétimo nesta edición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade