Publicador de contidos

Publicador de contidos

As futbolistas da selección chegan a acordo coa Federación para poder conxelar os seus óvulos

As futbolistas da selección chegan a acordo coa Federación para poder conxelar os seus óvulos

A RFEF financiará tratamentos para que as xogadoras non teñan que elixir entre a maternidade ou a elite do fútbol

G24.gal 09/09/2026 14:10

O deporte feminino leva días no centro dun debate que toca de cheo a vida das deportistas: maternidade e carreira de elite. A Federación Española de Fútbol acaba de aprobar un acordo para que as xogadoras poidan conxelar os seus óvulos e non ter que elixir entre competir ou ser nais. 

Segundo o seu presidente un acordo innovador a nivel mundial "para ofrecer o máximo de posibilidades dende a industria ás deportistas. Para as xogadoras "o máis importante que hai que conseguir con isto é que as deportistas sintan que non teñen que elixir entre a súa vida persoal e a súa carreira deportiva".

A medida abriu un fío de opinións ben distintas. Hai quen a celebra como un avance pero tamén hai quen pensa que non chega ao fondo do problema, como é o caso de Ona Carbonell quen pensa que "atrasar a non é conciliar. Conciliar é axudar a que a maternidade sexa factible mentres unha atleta está en activo".

Dende o punto de vista médico, a conxelación de óvulos é unha ferramenta útil pero non unha garantía. A idade, a saúde reprodutiva e o tempo seguen sendo factores decisivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade