Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pogacar bate o récord da ascensión a Alpe D'Huez e suma a súa quinta etapa no Tour

Pogacar bate o récord da ascensión a Alpe D'Huez e suma a súa quinta etapa no Tour

O esloveno ten xa no peto o seu quinto Tour, co que vai igualar aos mellores da historia da rolda

Hoxe vólvese subir a mítica montaña dos Alpes antes do remate de mañá

Foto: EFE
G24.gal 25/07/2026 11:46

Tadej Pogaçar converteu este Tour nunha misión persoal. O esloveno está xa nunha dimensión única. Non compite contra ninguén máis que contra si mesmo e contra a historia. Está a dous días de gañar o seu quinto Tour e incluír o seu nome na lista dos máis ilustres: Mercx, Anquetil, Hinault e Induráin. Pogaçar vai entrar nese Olimpo pola porta grande, dando espectáculo. Tiña marcada a etapa de Alpe d'Huez, as 21 curvas que abren as portas da historia aos seus gañadores. Pouco importou que cando empezou o porto a fuxida de Carapaz, Kuss e Lenny Martínez lle levara 3 minutos. Pogaçar converteu a ascensión na súa particular cronoescalada. Empezou a superar corredores, incapaces de aguantarlle o seu ritmo. No medio do xentío entregado ao seu heroe emerxeu a figura do maillot amarelo que non se conformou con chegar ata os fuxidos. No último quilómetro volveu atacar para entrar en solitario na meta.

Por suposto, Pogaçar bateu o tempo que fixera na subida Marco Pantani en 1995. Meteulle 2 minutos e medio ao segundo, Evenepoel, que está xa a 7.11 antes da etapa raiña deste sábado, que volve rematar ao Alpe d'Huez. Quizais Pogaçar queira repetir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade