Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vingegaard, obrigado a abandonar o Tour logo dunha caída

Vingegaard, obrigado a abandonar o Tour logo dunha caída

O danés non puido continuar unha etapa que gañou Evenepoel logo de aguantar o ritmo de Pogacar

O líder preparou o camiño para Del Toro, que non puido rematar o traballo

G24.gal 19/07/2026 20:01

Se quedaba algunha opción de complicarlle o Tour a Pogacar caeuse a 20 kilómetros da meta de Plateau de Solaison, un porto de categoría especial.

Aí, nunha redonda, Vingegaard perdeu o control da súa bicicleta e foi contra o chan cando o seu equipo, o Visma preparaba o ataque final. No accidente tamén se viu involucrado Isaac del Toro, un dos escudeiros de Pogacar e candidato o podio en París, pero puido continuar a etapa. Polo contrario,  o dinamarqués viuse obrigado a abandonar a carreira con doenzas nun ombreiro.

Nesta situación e co estadounidense Simpson escapado con case dous minutos de vantaxe, os perseguidores afrontaron o último porto. Pogacar asumiu o mando das operacións a sete quilómetros do cumio como gregario de Del Toro acoompañado do resto de favoritos entre os que estaban Evenepoel, Del Toro, Lipowitz, Seixas e Ayuso.

A falta dun kilómetro, Del Toro atacou, pero encontrouse coa resistencia de Evenepoel que acabou impoñéndose na liña de meta co mesmo tempo que Pogacar e con seis segundos de vantaxe sobre o mexicano. 

Trala retirada de Vingegaard, Pogacar aumenta as diferenzas na clasificación xeral, que son de cinco minutos sobre Evenepoel e 5. 58 sobre o seu compañeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade