Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tito Díaz: "O obxectivo é quedar por riba da 17ª posición"

Tito Díaz: "O obxectivo é quedar por riba da 17ª posición"

Confirmou a continuidade de Jordan Sakho, que volverá cando acabe a tempada en México

G24.gal 16/07/2026 13:56 Última actualización 16/07/2026 14:45

Tito Díaz compareceu en rolda de prensa para facer balance da tempada pasada e anticipar o que vai vir na vindeira 2026/27. Comezou remarcando o éxito que supuxo a última campaña e agradacendo a patrocinadores e institucións polo seu apoio.

Continuou coas renovacións, das que xa falara dicindo que o obxectivo era "continuar cun proxecto que foi un éxito". "Seis máis un" xogadores seguiran no 'Breo' na 2026/27. Quintela, Francis Alonso, Aratinovic, Brankovic, Mavra e Andric dende o principio e Jordan Sakho que, como confirmou Tito Díaz, volverá cando remate a tempada en México. Mántense tamén ao corpo técnico de Luis Casimiro, Víctor Pérez e Fernán Varela.

Pasou a falar das incorporacións do equipo lucense. Rasir Bolton, Andersson García, Aleksa Ilic e Tevin Brown procedentes de ligas internacionais, e Josep Peris, Kasibabu e o ex do Obradoiro Édgar Vicedo dende a Primeira FEB. Eles tres completan os cinco cupos para xogar na previa da 'Basketball Champions League', coa que o equipo do 'Pazo' pechará a pretempada. Os adestramentos darán inicio o 17 de agosto, o primeiro partido será na Mariña o 25 e a presentación en Lugo será o 1 de setembro

Antes de finalizar, agradeceulle aos abonados e á Fundación Breogán pola súa respectiva función e falou acerca dunha posible ampliación do Pazo, dicindo que sería ideal pero co matiz de "que non estorbe ao Breogán". Pechou remarcando o gran traballo do clube neste "Modelo Breogán" e, xa na rolda de preguntas, acabou co debate sobre o obxectivo da tempada. 

"O obxctivo é quedar por riba da 17ª posición. Punto final."

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade