España xogará a final ante Arxentina tras unha nova remonta dos de Scaloni
Inglaterra adiantouse, pero os arxentinos gañaron outra vez nos últimos minutos
O partido comezou como unha batalla, con interrupcións e faltas. Non houbo ningunha oportunidade ata o tempo de hidratación.
Pouco mudou o encontro tras a parada. Intentouno Stones cunha testada desviada, igual que o disparo de Enzo minutos despois.
A primeira parte acabou sen goles e con pouca historia.
A segunda parte empezou igual pero Gordon marcou no minuto 54 gañándolle as costas á defensa arxentina.
Tras a pausa, Arxentina puido empatar cunha testada o pau de de Macalister.
Arxentina presiounou e logrou o empate cun gran disparo de Enzo no minuto 85.
Insistiu Arxentina que volveu marcar cunha testada de Lautaro na prolongación.
España xogará o domingo a final ante os arxentinos.