Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ala-pivote dominicano Andersson García, ficha polo Breogán

O ala-pivote dominicano Andersson García, ficha polo Breogán

García é tamén un dos valores destacados da selección de la República Dominicana

 O Río Breogán suma un ala-pivote de enorme capacidade física e gran poderío reboteador

G24.gal 14/07/2026 11:50 Última actualización 14/07/2026 11:54

O club celeste reforza o seu xogo interior cun xogador de enorme poder físico, mozo e cunha gran marxe de crecemento. Vén avalado polas súas sólidas estatísticas na NCAA, na G League e na NBA

O Club Baloncesto Breogán chegou a un acordo para a contratación do ala-pivote dominicano Andersson Mejía García (25 anos, 2,01 metros).

Nado en Moca, República Dominicana, Andy García é un xogador formado nas universidades de Mississippi State e Texas A&M (NCAA). No seu último ano cos Texas A&M Aggies demostrou ser un piar defensivo tras acadar unha media de 6,1 puntos, 6,2 rebotes e 1,6 asistencias por partido, cun 38,6% en tiros de tres, consolidándose como un dos mellores reboteadores da súa conferencia.

Tras o seu paso pola NCAA, en 2025 xogou cos Marineros de Puerto Plata da Liga Nacional de Baloncesto da República Dominicana, torneo no que foi nomeado Novato do Ano.

Esta pasada tempada deu o salto á liga de desenvolvemento norteamericana defendendo a camiseta dos Mexico City Capitanes (na G League americana), onde evolucionou de forma destacada na pintura asinando actuacións de ata 20 puntos, 13 rebotes e 5 asistencias nun só encontro, chegando a rexistrar un récord individual de 21 rebotes capturados.

As súas medias en 39 partidos foron de 10,9 puntos, 10,2 rebotes (un dobre-dobre) e 2,1 asistencias en 26 minutos sobre a pista.

A súa gran progresión valeulle o salto á NBA esta mesma tempada da man dos Utah Jazz, onde aproveitou a oportunidade dun contrato curto para disputar 5 partidos. Neles acadou unha media de 5,2 puntos, 8,4 rebotes, 2,8 asistencias, 1,6 roubos e 0,8 tapóns por encontro, exhibindo unha polivalencia defensiva e de rebote de primeiro nivel, da que agora desfrutará o Pazo.

Andersson García é tamén un dos valores destacados da selección de la República Dominicana.

Coa súa chegada a Lugo, o Río Breogán suma un ala-pivote de enorme capacidade física e gran poderío reboteador en ambas as canastras, que achegará ademais enerxía e intensidade defensiva ao xogo interior do equipo, nun ano ilusionante no que o club afrontará esixentes retos no seu 60.º aniversario

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade