O Atlético Guardés xogará a EHF European League
O campión da European Cup disputará a segunda competición continental na tempada 2026/27
O Clube Balonmán Atlético Guardés confirmou a súa participación na EHF European League, segunda competición continental do balonmán feminino. O equipo da Guarda desputará este torneo por segunda vez na súa historia, tras xogalo na tempada 2021/22 caendo na Round 3 co Besançon francés.
A pesar das dificultades económicas que esta pasando a institución, Fernando Reyes, novo presidente, defende que é unha decisión consensuada cos socios e afeccionados. A diferenza do ano pasado, no que podías renunciar á plaza para xogar a European Cup, este ano en caso de non participar finalmente o Atlético Guardés deberá pagar unha multa que "pode incluso alcanzar os 25.000 €", asegura o presidente.
"Valorando as penalizacións e a contrapartida que ten o gasto que suporá participar, evidentemente, compénsanos estar".
O Atlético Guardés coñecerá ao seu primeiro rival hoxe 14 de xullo, contra o que desputará a segunda rolda entre o 3 e o 11 de outubro.