Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés renova catro xogadoras e aposta pola continuidade

O Guardés renova catro xogadoras e aposta pola continuidade

Carme Castro, Elena Martínez, Nerea Gil e Rosane Serrano continúan no equipo do Baixo Miño

G24.gal 17/07/2026 13:26

O Atlético Guardés quedou sen o seu principal patrocinador e había dúbidas sobre o proxecto da temporada 26-27. Pero a nova directiva aposta pola continuidade do equipo que conseguiu o primeiro título europeo da historia do balonmán galego e acaba de renovar catro xogadoras dunhya tacada. Rosane Serrano, Elena Martínez, Carme Castro e Nerea Gil seguirán vencelladas ao proxecto do Guardés e engádense a Ceci Cacheda, Palomo e Cifuentes completando un núcleo de sete que garanten a solvencia do equipo. 

A estas sete xogadoras hai que engadir a Aintzane García (extremo navarra que chega do Cleba León) e Noelia Solla (pivote pontevedresa que militaba no Elxe) que terán un papel importante no equipo que vai dirixir Nacho Prades. 

O club xa confirmou a súa participación na EHF European League, competición de superior nivel á que gañou o ano pasado e antesala da Champions, e tentará manter o nivel de competitividade dos últimos anos nun contexto económico máis complicado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade