Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés proclámase campión da European Cup contra o Michalovce (29-24)

O Mecalia Guardés proclámase campión da European Cup contra o Michalovce (29-24)

As guardesas fixeron valer a renda da ida nunha Sangriña que foi unha festa

É o segundo título da súa historia despois da Liga de 2017

G24.gal 24/05/2026 20:36

O Mecalia Guardés sacou a espiña de 2023, e proclamouse campión da European Cup de Balonmán. Foi nun partido de volta da final que comezou igualado, pero no que as galegas comezaron a distanciarse no marcador logo dun parcial de 60 que lles permitiu colocarse cunha vantaxe de 9-4.

A partir de aí, e logo da vitoria de catro goles que traían do partido de ida, a Sangriña converteuse nunha auténtica festa, e as xogadoras foron levadas a unha gran actuación.

Ao descanso chegouse cun 14-8 que obrigaba ás eslovacas a unhafazaña se querían ser campioas. Pero as de Ana Seabra non estaban dispostas a conceder nada, e a segunda metade mantivo a tendencia da primeira. Co paso dos minutos, as boas paradas de Sabina Mínguez e o acerto en ataque mesmo incrementaron a vantaxe por riba dos dez goles.

Quedaba xa agardar polo remate do partido, que concluíu cun 29-24 e catro goles para Haupmann e María Sancha e a consecución deste segundo título da historia do Guardés, primeiro europeo. A European Cup, esa que fuxiu no 2023 en Turquía dun xeito cruel, está xa nas vitrinas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade