Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación das peñas do Deportivo contra o club

Manifestación das peñas do Deportivo contra o club

A manifestación arrincará na Praza de Pontevedra ás 20.00 horas para protestar polas medidas impostas á afección situada en Maratón Inferior e a subida do prezo dos abonos

G24.gal 13/07/2026 16:02 Última actualización 13/07/2026 16:10

Haberá manifestación de afeccionados do Deportivo por un dobre motivo. Un é o significativo aumento dos prezos dos abonos, subindo un 50% de media as renovacións e un 40% o global coas novas altas. O outro, as especiais condicións que puxo a entidade branquiazul para renovar o carné na bancada de Maratón Inferior, onde se sitúan os Riazor Blues.

A diferenza do resto de sectores do campo, terá que ser presencial unida a unhas esixencias de comportamento baixo risco de expulsión. A Federación de Peñas, Riazor Blues e Old Faces convocan os afeccionados a concentrarse o xoves ás 20.00 horas na Praza de Pontevedra.

O comunicado conxunto emitido en redes non fala do roteiro, pero esta acabará na sede de Abanca, propietaria do club, na próxima rúa de Santo Andrés. A convocatoria reza así.

“Agora tócanos defender Riazor fóra do estadio. O deportivismo non pode quedarse calado ante o que está a suceder en Maratón Inferior. É o momento de estar unidos e demostrar que a nosa paixón non se controla non se silencia. O Depor somos nós”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade