Publicador de contidos

Publicador de contidos

España prepara en Dallas a semifinal do Mundial contra Francia

España prepara en Dallas a semifinal do Mundial contra Francia

Na sesión de adestramento Nico Williams foi felicitado polo seu aniversario; o luns será o de Lamine Yamal

G24.gal 12/07/2026 21:33

En dous días España estará pelexando por un posto na final mundialista. Así que na tarde do domingo xa fixo un adestramento completo. Ademais, con Nico Wiliams festexando o seu aniversario.

Recibiu a felicitación dos seus compañeiros e do seleccionador. E como mellor agasallo, o feito de estar practicamente recuperado e con boas sensacións logo de xogar once minutos fronte a Bélxica.

O seleccionador vai perfilando o once titular para medirse a Francia despois do cambio en cuartos, con Fabián de inicio en vez de Pedri. A presenza de Lamine de inicio semella asegurada. El que este luns fai 19 anos e que xa sabe como marcarlles ós franceses. 

Nada máis rematar o encontro ante Bélxica, Lamine recibiu dous regalos nas vísperas do seu aniversario.

O premio o mellor xogador do partido e unha camiseta do Santos adicada por Neymar. Pero, sen dúbida, o que máis ilusión lle esperta, será derrotar a Francia nas semifinais.

Fala a voz da experiencia, malia a súa xuventude. De feito, nos dous enfrontamentos que disputou ante os galos, Yamal marcou tres goles. Dous deles, nas semifinais da última Nations League na que venceron por cinco a catro. E o outro, fóra de catálogo, na semifinal da Eurocopa gañada pola selección no 2024.

Desde entón converteuse no seu inimigo público número un. O de Rocafonda ten claro o choque que lles agarda.

Como ensaio da marcaxe francesa, Lamine marchou dos Anxeles con vixilancia especial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade