Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias, fóra da primeira convocatoria de España tras o Mundial

Borja Iglesias, fóra da primeira convocatoria de España tras o Mundial

O dianteiro santiagués non entra nos plans de Luis de la Fuente para os catro primeiros partidos da Liga de Nacións despois dun inicio de tempada marcado polas lesións

Catro novidades na lista de Luis De la Fuente: Roberto, Fermín, Huijsen e Josep Martínez 

Foto Europa Press Foto Europa Press
G24.gal 18/09/2026 12:59 Última actualización 18/09/2026 13:05

O seleccionador nacional deu a coñecer na Cidade do Fútbol das Rozas a lista de 26 futbolistas que disputarán os catro primeiros partidos da liga de Nacións 2026/27, na que non aparece o dianteiro santiagués Borja Iglesias. O Panda non gozou da continuidade esperada neste inicio de tempada e cae da convocatoria do combinado estatal.

Unha rotura miofascial no sóleo esquerdo impediulle ter presenza de forma regular no Celta e apenas disputou 33 minutos entre a súa reaparición en Xetafe e a estrea celeste na Europa League fronte ao Amonio de Nicosia. Unha circunstancia que, unida á competencia no ataque español, déixao fóra da primeira lista do novo ciclo.

Borja Iglesias formou parte da selección que levantou o Mundial de 2026 nos Estados Unidos, México e Canadá. O dianteiro compostelán foi convocado para a cita e participou na vitoria ante Portugal nos oitavos de final, aínda que non disputou minutos na final fronte a Arxentina.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade