Cargando resultados...
Os afeccionados xa buscan as camisetas da selección coas dúas estrelas
As novas pezas oficiais non sairán á venda ata o 4 de agosto
Polo momento só se pode facer a reserva a través dunha aplicación
G24.gal
20/07/2026 14:33
Hai quen xa este luns buscaba a camiseta da selección española coas dúas estrelas dos dous mundiais gañados. pero, polo momento non están en tendas, e só se poden reservar a través dunha aplicación que ten lista de agarda.
Semella probable que as imitacións para os mercados cheguen mesmo antes do 4 de agosto, cando sae á venda a peza oficial. Este ano xa quedaron sen existencias en tendas e mercados e a aposta para o novo equipamento é forte.
As camisetas de fútbol moven no mundo máis de 7.000 millóns de euros ao ano.