Rafael Louzán: "Estamos nun dos mellores momentos da historia do fútbol galego"
O presidente da RFEF estivo en Ponteareas inaugurando o campo do San Mateo feminino
Louzán confía en que Vigo sexa elixida sede do próximo Mundial
Cre que, nesa cita de 2030, España vai reter a Copa do Mundo
Hai unha semana a selección española proclamábase campioa do mundo. E dese momento puidemos falar este mediodía co presidente da Federación Española.
Rafael Louzán achegouse a Galicia para inaugurar un campo de fútbol en Ponteareas, o campo do San Mateo feminino. O dirixente traía como agasallo unha camiseta da selección.
Tralo acto charlamos con Louzán. Do vivido e do que está por vivir, do momento brillante da selección e do que se pode prolongar, da opción de Vigo como sede do vindeiro mundial, do primeiro galego campión do mundo. E tamén da vindeira temporada no noso fútbol: "Probablemente estamos na temporada 26-27 nun dos mellores momentos da historia do fútbol galego, tanto dos equipos profesionais, como da canteira, como do fútbol formativo", indicou.
De cara a 2030, Louzán confía en que Viogo poida ser sede: "Hai case 50 anos, tivemos dúas, A Coruña e Vigo, e imos traballar para que que Vigo sexa elixida. Está previsto que en setembro a FIFA elixa as sedes definitivas, e inclúa a Valencia e a Vigo".
Tamén tivo palabras para Borja Iglesias, o primeiro futbolista galego, e dun club galego, que se proclama campión do mundo: "El encargouse de liderar o vestiario, ata pinchando música", indicou.
E, de cara a esa cita de 2030 en España, "xa lle trasladei a Infantino: imos levar a Copa a España, e vai estar alí moito tempo. Porqueestamos en condicións con esta selección de volver conquistar a Copa do Mundo"