Cargando resultados...
Borja Iglesias convértese no primeiro galego campión do mundo
O compostelán tamén se converte no primeiro en gañar o Mundial xogando no Celta
G24.gal
20/07/2026 09:56
Última actualización 20/07/2026 21:11
Coa vitoria de España 1-0 onte contra Arxentina completouse un fito histórico. Borja Iglesias é o primeiro futbolista galego campión do mundo coa selección española.
O dianteiro compostelán non tivo gran protagonismo no torneo, pero chegou a desputar os últimos intres do partido de oitavos contra Portugal. Borja tamén é o primeiro campión vestindo a camisola do Celta, xa que Mazinho e Silva lográrono cando non formaban parte do equipo vigués.
Borja Iglesias, xunto cos seus compañeiros, formará parte da celebración do título no día de hoxe. Queda pendente ver o documental que gravou o dianteiro durante o tempo de concentración.
Borja Iglesias celebrando coa bandeira galega