Rafael Louzán, na RG: "Oxalá se normalice a situación e España poida xogar contra A Arxentina en Doha"
Rafael Louzán, na RG: "Oxalá se normalice a situación e España poida xogar contra A Arxentina en Doha"
O presidente da RFEF, Rafel Louzán, estivo en Cambados para ver o partido entre o conxunto local e a S. D. Compostela, que rematou sen goles.
Louzán atendeu os compañeiros do Galicia en goles da Radio Galega, e repasou a actualidade do fútbol español, e tamén do galego. Comentou a posibilidade de que a selección española dispute en Riazor o último partido amigable antes do mundial. Sería diante de Iraq, e o propio presidente afirmou que "hai moitas posibilidades. Estamos a punto de pechar esa opción"
Tamén falou Louzán da situación no medio oriente, e da disputa desa finalísima que se ten que disputar en Qatar entre España e Arxentina. Louzán agarda que o partido se poida disputar segundo o programado. En Doha, España tamén ten previsto xogar nesa fiestra un encontro contra Exipto.
A entrevista completa, no programa Galicia en goles da Radio Galega: