Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafael Louzán: "Para que a arbitraxe mellore necesitamos a axuda dos clubs"

Rafael Louzán: "Para que a arbitraxe mellore necesitamos a axuda dos clubs"

O pontevedrés xa cumpriu un ano á fronte do máximo organismo o do fútbol español

Defendeu que a arbitraxe española está no top 5 mundial

@rfef
G24.gal 15/12/2025 20:36

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, fixo balance do seu primeiro ano como máximo mandatario no marco da asemblea xeral do estamento, e referiuse a varios temas de actualidade:

"Un dos grandes retos que asumín hai un ano foi o de reactivar o funcionamento normal desta casa. A Federación levaba demasiado tempo sumida no ruído. O fútbol español volve ser un equipo unido".

"Indicar a todos os clubs que para que a arbitraxe mellore necesitamos que os clubs nos axuden. Sen a axuda dos clubs é imposible, porque aínda que haxa unha boa arbitraxe, co barullo dun criticando, o outro que di...".

"Quizais habería que buscar outra escusa que non sexa a arbitraxe".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade