Louzán, desde Arabia: "Esta Supercopa beneficia máis de 30 equipos galegos"
O presidente da Federación xustifica a celebración por cuestións económicas e de proxección
Os ingresos reverten no fútbol e no fútbol sala galego de categoría nacional
Louzán enxalzou as melloras sociais que se están a producir Arabia
O presidente da Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, atendeu en Yeddah o noso enviado especial a esta Supercopa, Cristian Romero, e aproveitou para recalcar que a celebración alí deste torneo axuda "a proxección internacional do noso fútbol e tamén os ingresos". Parte de eses cartos, lembrou Louzán, van parar ao fútbol e fútbol sala galego, en concreto, aos equipos de categoría nacional: "Son máis de 30 equipos galegos os que se benefician", recalcou o presidente da Federación.
Louzán tamén falou da iniciativa de traer a 80 convidados de entre os clubs modestos do fútbol español, entre os que viaxaron representantes galegos que "están a comprobar os avances sociais que se están a producir en Arabia", asegurou.
Rafael Louzán atendeu ao micrófono da CSAG desde a Fan Zone da Supercopa, un fantástico espazo de 1000 metros cadrados onde ofrecen un feixe de atraccións, presididas polas camisolas dos equipos de Primeira e Segunda División.