Louzán, sobre as sedes da Coruña e Vigo: "Deberíase concretar máis e falar menos"
Tamén defendeu a actuación do colectivo arbitral
Rafael Louzán cumpre un ano á fronte da Real Federación Española de Fútbol. Hoxe estivo na Televisión de Galicia. O directivo púxose á fronte do cargo tras as definitivas saídas de Luis Rubiales e Pedro Rocha. Neste sentido, o presidente logrou acordo importantes nesta data, como a disputa dunha Finalíssima que terá lugar en Qatar.
Ademais, o galego falou do Mundial 2030 e das sedes finais que hai previstas en Galicia, na Coruña e Vigo.
"Deste tema deberíase concretar máis e falar menos".
Defendeu tamén a relación con Javier Tebas, presidente da Liga, e a actuación do colectivo arbitral.
"Hai que buscar a meritocracia, teñen que estar os mellores. Pedímoslles a todos que axuden os colexiados".
Di que apoia a selección galega, pero hai un problema co calendario, moi comprimido nestas datas.