Publicador de contidos

Publicador de contidos

A FIFA abre expediente a Arxentina polos incidentes tras a final

A FIFA abre expediente a Arxentina polos incidentes tras a final

O arxentino Nahuel Molina propinou un puñazo ao español Rodri Hernández e desencadeou un enfrontamento ao final do partido

O asistente arxentino Roberto Fabián Ayala tamén empurrou o español Dani Olmo

Outra das polémicas foi a imaxe da selección arxentina dando as costas sen mirar aos campións cando España ergueu a Copa do Mundo

REUTERS/Dylan Martinez REUTERS/Dylan Martinez
G24.gal 20/07/2026 21:32

 A FIFA abrirá unha investigación disciplinaria para analizar os incidentes que ocorreron despois da final do Mundial 2026 e nomeou un instrutor para que investigue os feitos.

O organismo analizará as actas arbitrais e as imaxes do encontro antes de decidir se finalmente actúa para impor sancións aos futbolistas da 'Albiceleste' tras ser decretado o final do encontro.

Ao final da prórroga, os xogadores de España correron polo céspede do MetLife para celebrar a consecución da segunda estrela.

O arxentino Nahuel Molina propinou un puñazo ao español Rodri Hernández e desencadeou un enfrontamento ao final do partido, que rematou con Leandro Paredes expulsado.

Do mesmo xeito, o asistente arxentino Roberto Fabián Ayala tamén empurrou o español Dani Olmo.

Outra das polémicas foi a imaxe da selección arxentina dando as costas sen mirar aos campións cando España se dispuxo a erguer o trofeo da Copa do Mundo.

Sky Sports adiantou este luns que a FIFA investigará o comportamento da selección arxentina, que podería enfrontarse a diversas sancións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade