Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Estudamos medidas legais": os afeccionados do Dépor, en pé de guerra pola renovación de abonos

"Estudamos medidas legais": os afeccionados do Dépor, en pé de guerra pola renovación de abonos

Critican unha suba do 40 % de media no prezo dos abonos e chaman a manifestarse a vindeira semana

O club respondeu nun comunicado que vai abrir un período de negociación coas peñas

Centos de persoas concentráronse na torre de Maratón de Riazor este xoves
G24.gal 09/07/2026 21:03 Última actualización 09/07/2026 21:29

Afeccionados do Deportivo da Coruña concentráronse na Torre de Maratón de Riazor para celebrar unha asemblea aberta en protesta polas condicións de renovación dos abonos. Entre outras cousas, critican unha suba dun 40 % de media nos prezos.

Os seareiros da bancada de Maratón inferior protestan tamén polos novos requisitos de acceso, que inclúen unha acreditación mediante DNI e a renovación presencial do abono. Ademais, consideran unha liña vermella o control que o club quere exercer sobre pancartas e cánticos nesta bancada, onde se sitúan os Riazor Blues, Old Faces e outros 4.000 afeccionados. 

Ameazan con non renovar os abonos se non hai unha rectificación e incluso estudan medidas legais. Ademais, chaman a manifestarse a vindeira semana.

O club pola súa parte sacou un comunicado como resposta ao malestar existente entre os seareiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade