Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor condena insultos a xogadores e xustifica a censura a xornalistas

O Dépor condena insultos a xogadores e xustifica a censura a xornalistas

O club asegura nun comunicado que os xogadores están recibindo presións e insultos por parte dos afeccionados

O conflito chega tamén á prensa, censurando preguntas sobre o malestar das bancadas

Protesta en Marathón inferior cos afeccionados vestindo de cor laranxa Protesta en Marathón inferior cos afeccionados vestindo de cor laranxa
G24.gal 18/08/2026 20:13 Última actualización 18/08/2026 21:03

O malestar entre afeccionados e o R. C. Deportivo vai a máis. No partido de onte, as camisolas laranxas eran maioría en Marathón inferior e tamén se deixaron ver no resto de bancadas. A acción, promovida pola Federación de Peñas e os Riazor Blues, pretendía chamar a atención do club para reverter as condicións particulares desta bancada e recuperar o bo ambiente en Riazor.

Despois do partido, o desencontro chegou tamén ás comparecencias, co departamento de prensa do club evitando que os xornalistas puidesen preguntar sobre esta cuestión a Ximo Navarro, que saíra a zona mixta. Hoxe, o club xustifica este novo paso como unha protección aos xogadores, que estarían recibindo insultos e presións "tanto de forma presencial como a través de mensaxes en redes sociais e aplicacións de mensaxería", escriben nun comunicado. 

"O Club considera absolutamente inaceptable calquera comportamento desta natureza e condena de forma firme toda manifestación de violencia, intimidación ou ameaza dirixida contra os xogadores e contra calquera dos membros do RC Deportivo. (...) Estas actuacións tiveron como consecuencia a decisión adoptada nas comparecencias posteriores ao partido ante o Elche CF, nas que adestrador e xogadores se limitaron a responder a cuestións estritamente deportivas", xustifican desde o Deportivo. 

Varias asociacións de periodistas, entre elas o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Asociación de Prensa da Coruña e a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte, condenaron esta situación e reclaman respecto para o traballo dos xornalistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade