Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noé Carrillo estará ata outubro de baixa

Noé Carrillo estará ata outubro de baixa

O canteirán, que renovou o seu contrato ata o 2029, ten unha escordadura de nocello

Lesionouse ante o Real Madrid tras unha entrada de Carreras

G24.gal 19/08/2026 12:24 Última actualización 19/08/2026 12:32

Noé Carrillo apuntaba a empezar a súa andaina en LaLiga como titular, pero a súa situación deu n xiro de 180 graos. O canteirán deportivista partía desde o once inicial no Trofeo Teresa Herrera ante o Real Madrid. Noé era a gran novidade nun once que apuntaba a ser o da xornada 1 de LaLiga.

Só aguantou 22 minutos sobre o terreo de xogo. O coruñés tivo que pedir o cambio por un golpe no nocello, e as primeiras probas médicas confirmaron que sufría unha escordadura nesa zona. Agora, confírmase que é máis grave do esperado e apuntan a uns dous meses de baixa.

O pasado maio renovou o seu contrato ata o 2029, cunha tempada máis opcional. Hidalgo felicitaba entón publicamente a un xogador que "leva traballando moitísimo, sénteo moitísimo. Representa todos os valores que queremos no club".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade