O Deportivo anuncia a campaña de abonados ante numerosas críticas
Os prezos de renovación no abono xeral sitúanse entre 320 € e 880 €
No caso das altas, entre 380 € e 1.060 €
A afección mostra un descontento xeral
O Deportivo presentou a súa campaña de abonados para o retorno a primeira división. O plazo de renovación comezou onte día 8 e rematará o domingo 26 de xullo. Haberá dous plazos para cambios, un antes e outro despois do comezo de liga (29 de xullo-12 de agosto salvo fines de semana, e do 17 de agosto ao 21). As novas altas, se é posible que haxa, poñeranse en marcha a partir do 24 de agosto.
En canto aos prezos, a campaña presenta unha subida media do 40 %, con incrementos entre 130 € e 235 €. Para as renovacións (do abono xeral), o prezo máis barato é para Pavillón inferior, por 320 €, e o máis caro é o de Tribuna superior, cun prezo de 880 €. No caso das altas, o prezo dos abonos será entre 380 € e 1.060 €. A Bancada Peñas custará 430 € nas renovacións e 540 € nas altas.
Ante estas medidas e cambios, a Federación de Peñas Deportivistas emitiu na súa conta de X un comunicado no que convoca ao deportivismo hoxe ás 20:00 na Torre de Maratón.
"A directiva xogou o seu partido e non reswpectou a nosa paixón. Agora nós tamén debemos demostrar que somos a mellor afección cunha reaccíon á altura".
Ademais, o Deportivo incorpora os carnés Deportivista e Deportivista+, modalidades que serven para manter antigüidade e, no caso do Deportivista+, ter prioridade para facer o "abono con localidade cando haxa despoñibilidade". Tamén cambia o nome de Nen@ Dépor a Dépor JR, e incorpora a penalización por "Compromiso de asistencia e Utilización do abono". Os abonados deberán ir a un mínimo de 15 partidos dos 19 de liga para poder ter "acceso a condicións preferenciais de renovación".