A pretempada de Celta e Dépor: rivais, horarios e canle de emisión
A Televisión de Galicia emitirá todos os partidos de ambos equipos
Darán comezo este sábado 18 con 'doble turno' e rematará co 'Teresa Herrera' o 12 de agosto
A pretempada dos dous equipos galegos de Primeira División xa bota a rodar. Os partidos de Celta e Dépor serán emitidos polas canles da Televisión de Galicia. Para comezar, este sábado 18 de xullo, haberá doble turno. Ás 20:00, na TVG2, o Deportivo enfróntarase á SD Compostela no 'Verónica Boquete' de San Lázaro. Pola primeira canle da TVG, ás 20:30, dará comezo o partido entre Sporting de Braga e Celta, que se desputará no estadio municipal bracarense.
A semana que vén, no día do Apóstolo, Celta e Dépor volverán a compartir horario cos seus partidos. Os dous enfrontaranse cos dous grandes do fútbol asturián. Na TVG, o Deportivo visitará o Carlos Tartiere para xogar co Real Oviedo (19:30), mentres que na TVG2, o Celta e o Sporting de Xixón desputarán no Estadio da Lomba, en Vilagarcía, o segundo encontro da pretempada do conxunto celeste (20:00).
Para o día 29 de xullo haberá sesión matinal e vespertina, ambas pola primeira canle da TVG. Ás 11:00, o Celta recibirá na Cidade Deportiva Afouteza ao Académica Viseu portugués. Xa pola tarde, ás 19:30, o Dépor xogará fronte ao Lugo no campo da Magdalena, en Vilalba. O sábado 1 de agosto o conxunto herculino desputará en Hamburgo o encontro contra o St. Pauli. Será ás 18:30 na TVG.
Para a semana seguinte, o mércores 5 de agosto o Celta arranca a xira italiana no Ricci Stadium contra o Sassuolo (TVG, 20:00). O xoves 6, o Dépor xogará tamén no país transalpino. Será no Artemio Franchi de Florencia contra a Fiorentina. O partido dará comezo ás 20:00 e tamén se verá pola primeira canle.
Dépor e Celta volverán a compartir horario o sábado 8 de agosto. Napolés-Celta (21:00, TVG) e Genoa CFC-Deportivo (20:45, TVG2) son os duelos dese día. Será o derradeiro partido dos vigueses na pretempada e o penúltimo dos coruñeses, que pecharán o mércores 12 co 'Teresa Herrera' fronte ao Real Madrid. Será en Riazor, ás 21:00 pola TVG.