Jonathan Asp Jensen, quinta fichaxe do Deportivo
O danés chega procedente do Bayern de Múnic
Asina ata 2031 e a operación roza os 6 millóns de euros
O Deportivo continúa apostando forte no mercado e anuncia a sinatura de Jonathan Asp Jensen ata 2031. O futbolista danés, nado en 2006, chega procedente do Bayern de Múnic, e o ano pasado xogou no Grasshoper. Co conxunto suízo disputou 40 partidos, anotando 9 goles e repartindo 6 asistencias.
Destacou no filial do equipo muniqués e xogou nas seleccións sub-16, sub-17 e sub-18 de Dinamarca. Cos bávaros chegou a debutar en Bundesliga en 2024, nun partido fronte ao Wolfsburgo.
O equipo coruñés incorpora a un futbolista que tamén era pretendido pola Lazio. Ao mesmo tempo, confirma a súa aposta por xóvenes talentos europeos sen experiencia en España, engadindo esta incorporación ás de Bright Ede e de Teun Gijselhart.