Francia-España: o primeiro finalista sae dunha rivalidade histórica
Será no 'Dallas Stadium' ás 21:00
España quere volver ao partido definitivo 16 anos despois
Os galos queren chegar á súa terceira final seguida
A primeira semifinal da Copa do Mundo de 2026 será hoxe. Nun encontro de máxima rivalidade, España e Francia desputaranse o primeiro lugar na final deste domingo. Son respectivamente a mellor defensa do campionato e o segundo mellor ataque (a Francia supérao Arxentina por un gol). Na pasada rolda, os franceses deixaron fóra a Marrocos e neutralizaron o xogo marroquí durante todo encontro. España, en cambio, sufriu cunha moi competitiva selección belga, gañando cun gol de Mikel Merino a escasos intres do final.
Na rolda de prensa previa, Luis De La Fuente comentou que ambas seleccións "se coñecen perfectamente dende fai varios campionatos" e que Francia ten xogadores "dunha dimensión futbolística excepcional", sen olvidar que España tamén os ten. Tamén respondeu ao seu homólogo no banco francés, Didier Deschamps. O seleccionador galo deu a España a vitola de favorito e ante iso De La Fuente foi contundente.
"Que che digan que eres favorito ou non favorito... Iso non significa nada."
En canto a futbolistas, por parte de Francia falou Warren Zaïre-Emery, futbolista do PSG. Comentou sobre as verbas de Lamine Yamal e Nico Williams que "cando xogaron contra o Barça foi o mesmo" e asegurando que "despois hai que asumilo no campo". Lamine tamén atendeu aos medios. Reafirmou que "Francia non lle da medo" e tamén falou das verbas de Rajoy sobre os futbolistas franceses.
"O fútbol se serve para algo é para integrar, para a sociedade. Non hai mellor exemplo que Francia e máis nós, que somos exemplo da integración e que ao final o fútbol é iso, non falar do que dixo outra persoa"
Nos Mundiais só hai un encontro entre os dous. Foi no 2006, en Alemaña, onde Francia eliminou a España nos 1/8 de final por 3-1, nunha exhibición de Zidane. No 'cara a cara', dos 38 partidos desputados, houbo 7 empates, 13 vitorias de Francia e 18 triunfos de España, sendo os máis recentes ás semifinais da EURO 2024 e da Nations League 2025.
Francia busca a súa quinta final mundialista, España a segunda. Ás 21:00, no 'Dallas Stadium' no que España xa eliminou a Portugal nos oitavos de final, arrincará o partido que decide ao primeiro finalista para este domingo 19 de xullo.
Posibles 11 titulares:
Francia: Maignan; Koundé, Upamecano, Saliba, Digne; Tchouaméni, Rabiot; Dembélé, Olise, Doué; Mbappé
España: Unai Simón, Pedro Porro, Cubarsi, Laporte, Cucurella; Rodri, Fabián, Dani Olmo; Lamine Yamal, Oyarzabal, Baena