Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mikel Merino volve vestirse de heroe para darlle a clasificación a España

Mikel Merino volve vestirse de heroe para darlle a clasificación a España

Fabián e Merino foron os goleadores do equipo de Luis de la Fuente que venceu 2-1 a Bélxica

España xogará a semifinal ante Francia

G24.gal 10/07/2026 20:58 Última actualización 10/07/2026 23:09

A selección española confirmou a súa candidatura ao título ao superar Bélxica nos cuartos de final do Mundial e selar o billete para as semifinais, nas que se medirá a Francia. O conxunto de Luis de la Fuente volveu ofrecer unha imaxe de equipo sólido, competitivo e capaz de dominar os tempos dun partido de máxima esixencia.  

España levou o peso do encontro desde o inicio, apoiada na circulación de balón e na capacidade para atopar espazos entre liñas. Bélxica respondeu con perigosas transicións e puxo a proba a defensa española, pero a selección soubo sufrir cando foi necesario e mostrou personalidade para decantar a eliminatoria ao seu favor.

O partido comezou cun minuto de silencio polas vítimas do incendio na provincia de Almería.

Ata o minuto 20 non chegou a primeira oportunidade para España cun disparo desviado de Yamine Lamal.

Os de Luis de La Fuente lograron adiantarse cun gol de Fabián tras un rexeitamento de Curtois. Era o minuto 29. 

Tres máis tarde España puido marcar cun disparo de falta de Lamine que rexeitou o porteiro do Real Madrid.

Sen trocos na segunda parte, España tivo unha dobre oportunidade con disparos de Baena e Dani Olmo.

Pero a cinco minutos do descanso, De Ketealere empatou cunha testada que acabou coa imbatibilidade de Unai Simón.

A primeira parte rematou co empate 1-1

Houbo poucas accións no reinicio. España só chegana con dous disparos de Baena e de Olmo.

No minuto 70 Bélxica sufriu unha importante baixa coa lesión de Curtuois.

Nun encontro sen ocasións volveu aparecer Mikel Merino para converterse outra vez en heroe e darlle a clasificación a España no minuto 87.

O pase ás semifinais reforza a confianza dun equipo que continúa invicto no torneo e que segue soñando con conquistar o Mundial. Francia agarda agora nun duelo entre dúas das grandes favoritas ao título.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade