Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán xogará a fase previa da Basketball Champions League

O Río Breogán xogará a fase previa da Basketball Champions League

Dos 24 conxuntos que participan na previa, só dous obterán o seu pase

Foto Breogán Foto Breogán
G24.gal 25/06/2026 18:53 Última actualización 25/06/2026 19:04

O Río Breogán disputará a selectiva rolda de clasificación da (BCL), segundo comunicou este xoves a Fiba, organismo que organiza o torneo continental. O camiño para acceder á fase de grupos non é sinxelo, pois dos 24 conxuntos que participan na previa, só dous obterán o seu pase.

A previa xogarase entre os días 14 e 20 de setembro. Os 15 equipos que loitarán pola praza na BCL co Río Breogán son os seguintes:

BC Vienna (AUT), BK Opava (RCH), Dziki Warszawa (POL), Fitness First Wurzburg Baskets (ALE), Lions Xenebra (SUI), Manisa Basket (TUR), Kolossos H Hotels BC (GRE), Landau Lions (AZE), Manchester Basketball (GBR), Promitheas Patras BC (GRE), Rilski Sportist (BUL), SL Benfica (POR), Rasta Vechta (ALE), VEF Riga (LAT) e Denizli Basket (TUR).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos