Nikola Priede, novo reforzo do Baxi Ferrol
A pivote letoa chega procedente da Universidade de Vermont e afrontará a súa primeira experiencia profesional
O Baxi Ferrol anunciou a chegada da pivote letoa Nikola Priede, unha xogadora de 1,88 metros e 22 anos que procede da Universidade de Vermont, onde completou a súa traxectoria universitaria. Esta incorporación convértese nunha das pezas do futuro do conxunto dirixido por Lino López que segue traballando a plantilla de cara a tempada 2026/2027.
Nikola Priede formouse nun dos clubs do seu país, o TTT Riga e ademáis foi internacional con Letonia, desde a U16 ata a U20, participando en varios campionatos europeos.
A nova xogadora destaca por ser un perfil máis defensivo e caracterizarse por facerse forte no rebote e estivo en varias ocasións nomeada a mellor defensa da súa conferencia na NCAA (National Collegiate Athletic Association). No seu último curso universitario firmou 17,4 puntos e 7,5 rebotes por partido.
A letoa afrontará no equipo galego a súa primeira experiencia profesional nun proxecto competitivo e en crecemento. Con esta xogadora, o Baxi Ferrol continúa reforzando unha plantilla que aspira a seguir competindo ao máximo nivel na Liga Feminina Endesa.