Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maggie Doogan, reforzo interior para o Baxi

Maggie Doogan, reforzo interior para o Baxi

A interior de Pensilvania é a quinta xogadora confirmada nas filas de Lino López

G24.gal 27/05/2026 11:37 Última actualización 27/05/2026 11:40

O Baxi Ferrol segue dando forma ao seu próximo equipo coa incorporación de Maggie Doogan, interior estadounidense que chega para potenciar o xogo na "pintura" do escuadro da cidade naval.

Doogan, de 22 anos e 1,87 metros, chegar a conxunto ferrolán despois de completar a súa etapa universitaria nos Richmond Spiders.  

Trátase, como destaca o club, "dunha xogadora de gran proxección e marxe de crecemento", o que encaixa coa filosofía da entidade. En canto ás súas características na pista, Doogan sobresae pola súa versatilidade, capacidade física e lectura do xogo. Foi nomeada xogadora do Ano da Atlantic 10, recibiu a mención honorífica All-America da USBWA, a All-America de USA Today Sports e foi finalista do prestixioso All-America da WBCA.

Mide 1,88 metros e vén de mediar 21,1 puntos, 7,9 rebotes e 3,9 asistencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade