Cargando resultados...
O Lugo gaña con solvencia en Salamanca (1-3)
Os de Borja foron superiores agás en 15 minutos na segunda parte
Berzal, Kevin Presa e Gallar marcaron para os galegos
Gómez anotou de penalti para Unionistas
G24.gal
30/08/2026 21:35
Sobresaínte para o Lugo e primeiro suspenso para Unionistas na temporada. E moi merecidos. Os charros nunca puideron coa intensidade galega, nin tampouco tiveron a súa pegada. O Lugo foi claramente superior e agás 15 minutos nunca temeu polo partido. Ese cuarto de hora de melloría local coincidiu co gol do empate, co penalti, na segunda parte. Pero a partires de ahí os de Borja Fernández levaron con claridade o choque, con actuación determinante de Mo Dauda.
.