Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a Liga Feminina co Ensino no 6º posto de cara ao play off

Remata a Liga Feminina co Ensino no 6º posto de cara ao play off

As luguesas remataron con vitoria contra Estudiantes (84-79) e xogarán contra o Valencia

O Baxi, xa descartado da loita polo título, derrotou ao Leganés (80-69) e finalizou de 9º

G24.gal 25/04/2026 23:36

Finalizou a fase regular na liga feminina de baloncesto. O Ensino fíxoo con vitoria ante o Estudiantes. Impúxose 84-79 no que é o seu triunfo número 16 esta temporada.

O equipo lugués finaliza sexto e vaise medir nos cuartos de final co Valencia. O Ensino finaliza esta fase da competición amais co seu técnico Suso Garrido escollido como o mellor adestrador da temporada. E con Alicia Florez como a xogadora revelación e no quinteto ideal da fase regular.

Para o Baxi Ferrol rematou a temporada. E despediróna cun triunfo ante o Leganés na Malata, no último partido nese pavillón antes da reforma.

Triunfo para agradecer o esforzo de toda a temporada, triunfo para festexar a presenza de Blanca Millán  no cinco ideal da Eurocup, e triunfo para asegurar a novena praza, que podería dar acceso a Europa se renuncia algún equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade