Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estadounidense Priscilla Williams, reforzo interior para o Ensino

A estadounidense Priscilla Williams, reforzo interior para o Ensino

Priscilla Williams é a sexta incorporación do equipo lugués

G24.gal 30/06/2026 13:53 Última actualización 30/06/2026 14:07

A estadounidense Priscilla Williams xogará a tempada 2026-2027 no Durán Maquinaria Ensino, ao que chega procedente do Jacksonville Dolphins, co que promediou 15,1 puntos, 8,3 rebotes e 2,4 asistencias por encontro na liga universitario dos Estados Unidos.

“Polivalencia no xogo interior, ameaza exterior e moita intensidade en ambos os lados da pista”, destacou o club lucense no seu comunicado de prensa.

Nun vídeo difundido polo club, Williams dixo estar “supercontenta” de dar o salto ao baloncesto español co Ensino, alén de estar a desexar vivir o ambiente que se respira no Pazo Provincial de Lugo. A nova xogadora do equipo celeste pecha a súa etapa na NCAA despois de disputar 120 partidos en cinco tempadas, 34 deles neste último curso.

Priscilla Williams é a sexta incorporación do Ensino tras a internacional española Andrea Vilaró (Perfumerías Avenida), Mama Dembele (Araski), a estadounidense Kristin Williams (Universidade de Coastal Carolina), a aleiro sueca Matilda Ekh (Jairis) e a pivote nixeriana Lauren Ebo (Joventut).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade