Publicador de contidos

Publicador de contidos

O torneo escolar Pequenos Xigantes reúne na Coruña 140 xadrecistas

O torneo escolar Pequenos Xigantes reúne na Coruña 140 xadrecistas

A inicitiva encheu a praza de María Pita con pezas xigantes fabricadas con restos de pneumáticos

G24.gal 23/05/2026 21:11 Última actualización 23/05/2026 21:30

Pezas extragrandes para xogadores miúdos que viven cada partida de xadrez como unha final da Champions. 

"Cada partida é distinta, nunca sabes o que vai pasar".

"Hai ter ter moita paciencia, concetración e visualización", comentaban dous xogadores.

Pasaron o día literalmente correndo polo taboleiro, xogando en equipo, escoitando os compañeiros e decidindo cada movemento de forma colectiva, aínda que ás veces custase.

"Ao principio berrabamos e rifabamos porque non nos escoitabamos, pero cando nos escoitamos empezamos a xogar xenial".

"Se sabemos como xogar, en equipo é máis doado porque tres mentes pensan mellor que unha".

Na edición coruñesa de Pequenos Xigantes, que impulsa a Fundación leonesa RMD participaron cento corenta nenos e nenas de colexios da Coruña e da área metropolitana que apostan polo xadrez como ferramenta de convivencia e aprendizaxe.

Os mellores viaxarán a León en novembro para participar na gran final internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade