Publicador de contidos

Publicador de contidos

Torneo de xadrez para conmemorar o Día mundial do alzhéimer

Torneo de xadrez para conmemorar o Día mundial do alzhéimer

Os organizadores buscan darlle visibilidade a esta enfermidade e poñer en valor os beneficios deste xogo para maiores e activos

G24.gal 19/09/2026 20:09

O hospital de Ourense acolleu esta edición do torneo solidario de xadrez, para todos tipo de xogadores, co que se conmemora o día mundial do alzhéimer. Esta enfermidade supón sete de cada dez consultas no servizo de Neuroloxía. Por iso é importante a prevención e manter unha vida activa.

"É un xogo moi útil para as persoas maiores porque facilita o envellecemento activo e desde pequeno contribúe a ter máis sinapse, a reserva cognitiva que preserva do declive cognitivo que se produce co paso do tempo", explica Daniel Apolinar García Estévez, xefe do servizo de Neuroloxía do hospital universitario de Ourense.

Os xogos de mesa e, en particular, o xadrez, son actividades que se aconsellan ás persoas que empezan a perder memoria. 

"Hai infinidade de estudos científicos publicados sobre os beneficios terapéuticos. O doente mellora a memoria, a atención, e socializa con outros doentes", di Joaquín Antonio Bello Filgueira, director da escola de xadrez do liceo de Ourense.

Como ferramenta psicoterapéutica, hai que practicalo con fecuencia, a poder ser todos os días.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade